CONVOCATORIA DE DECEMBRO:
a) Sistema de avaliación continua. Ao comenzo do curso, o/a alumno/a deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para optar ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá acreditar asistencia a un 80% das clases. O/a alumno/a que se acolla a este sistema e acredite a presencialidade mínima do 80%, será avaliado mediante 4 probas de tipo test realizadas ao longo do período de docencia. A nota final será a media aritmética das calificacións obtidas nas 4 probas de tipo test.
b) Sistema de avaliación final. O/A alumno/a que non opte polo sistema de avaliación continua terá dereito a ser avaliado mediante exame final que representa o 100% da calificación na materia. O citado exame final consistirá nunha proba única tipo test que versará sobre a totalidade do programa.
CONVOCATORIA DE XULLO:
O alumno que non supere a materia na convocatoria de decembro -ben mediante sometemento a avaliación continua, ben mediante sometemento a avaliación final- será avaliado na convocatoria de xullo mediante exame final que representa o 100% da calificación na materia. O citado exame final consistirá nunha proba única de tipo test que versará sobre a totalidade do programa. |