Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A demostración das competencias adquiridas en cada actividade levarase a cabo presencialmente durante o período lectivo.
50
Outras Probas nas que se demostre a adquisición de competencias da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de probas especificado arriba constitúe o sistema de avaliación continua. Para superar a avaliación continua será obrigatorio a realización dos traballos tutelados e de todas as probas citadas anteriormente. Para que as probas de avaliación, sexan tidas en conta na nota final da materia, o alumno debe obter en cada proba ou conxunto de probas como mínimo o 50% do valor asignado a ditas probas.


A nota dos traballos tutelados manterase nas convocatorias ordinaria e extraordinaria.


Para aqueles alumnos que non sigan a avaliación continua o sistema de avaliación será unha proba global de toda a materia que valerá o 100% da nota.


Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso en todas as convocatorias do curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000