DEREITO MERCANTIL é unha asignatura que se imparte no segundo cuatrimestre do primeiro curso de Grao en Aministración e Dirección de Empresas. Nela examinase, baixo unha perspectiva xurídica, a figura de empresario no mercado: dende quén pode ser empresario, pasando polos dereitos e obrigas que lle incumben, ata as normas que rixen a actuación de empresario no mercado. Estes coñecementos permitirán ao discente apreciar que o mercado é un espazo regualdo por normas xurídicas, onde actúan e interactúan suxeitos que teñen dereitos e asumen obrigas esixibles extraxudicial e xudicialmente.