Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición e explicación pola docente dos contidos de parte do temario da materia, salientando para o resto de temas aquelas liñas básicas que permitirán o desenvolvemento das actividades dirixidas relacionadas cos mesmos.
Traballos tutelados Elaboración de traballos por parte dos alumnos a partir de fontes bibliográficas, ben de xeito individual ou ben en grupo, que deberán ser presentados e debatidos na aula.
Traballos de aula Elaboración de traballos relacionados cos contidos do temario e sesións maxistrais, entre os que se incluien a realización de distintos tipos de exercicios prácticos e resolución de problemas.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo do alumno, xa sexa individualmente ou en grupos informais, co obxetivo de afondar nos contindos dun tema, conferencia ou aspecto concreto do temario, debido a sua dificultade, intererese ou oportunidade; por exemplo, cando de haber eventos docentes organizados na Facultade.
Titoría en grupo Sesións encamiñadas a orientar ao alumnado sobre o estudo dos contidos, realización de actividades e preparación de probas de avaliación, así como para resolver dúbidas e problemas relacionados coa sua aprendizaxe.
Presentacións/exposicións Exposición e defensa por parte do alumnado dun traballo monográfico elaborado de forma individual ou ben en pequenos grupos sobre un tema ou aspecto do temario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000