Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria. R. D. 1393/2007
 Materias
  Materias Primas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Por cada bloque temático impartirase unha clase de teoría a modo de sesión maxistral
previa á realización dos seminarios.
As clases teóricas desenvolveranse na aula a modo de leccións expositivas de 50 minutos de duración, con apoio de pizarra e Power Point.
O obxectivo destas clases é dobre: orientar os coñecementos básicos máis fundamentais (que o alumno debe coñecer previamente) cara aos obxectivos da materia e, por outro, introducir os aspectos máis innovadores de cada tema.
A asistencia non será obrigatoria, pero será de utilidade para unha mellor comprensión e contextualización dos conceptos da materia.
Seminarios Realizarase un seminario de dúas horas presenciais por cada bloque temático.
Para esta tarefa o profesor adiantará aos alumnos material de traballo consistente en lecturas e boletíns de cuestións para realizar de maneira individual, e casos prácticos e un pequeno proxecto de mellora ou obtención dunha materia prima a partir de subproductos ou fontes novas para realizar en grupos de 2-3 persoas.
Os alumnos iniciarán a preparación destas actividades antes da correspondente clase de seminario, na que deberán resolver as dúbidas atopadas.
Ao final do seminario cada alumno/grupo entregará un informe que inclúa os puntos fundamentais do traballo realizado (búsquedas e conclusións). A entrega do informe será obrigatoria.
Presentacións/exposicións No caso dos seminarios nos que se plantexen casos a resolver e o proxecto a desenvolver (previsiblemente 3), cada grupo exporá e defenderá públicamente os resultados e conclusións das tarefas de seminario recollidos no informe nun tempo máximo de 10 minutos.
A exposición e defensa oral será obrigatoria.
Prácticas de laboratorio Levaranse a cabo uhna sesión de prácticas na que os alumnos en grupos de 2 persoas deberán desenvolver no laboratorio un proceso de mellora e elaboración dunha materia prima a partir dunha materia prima tradicional e un subproducto da industria alimentaria, respectivamente.
O profesor exporá os obxectivos da práctica e facilitará información e un esquema simplificado do procedemento de execución. Cada grupo deberá completar o deseño experimental, executalo no laboratorio, tratar os resultados e discutilos críticamente.
Ao final cada grupo elaborará un informe a modo de publicación científica curta.
A asistencia a prácticas e a entrega do informe correspondente serán obrigatorias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000