Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria. R. D. 1393/2007
 Materias
  Lexislación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral 5 sesións maxistrais de 50 minutos, con apoio de presentacións en Power-point e lousa, nas que se desenvolverán os aspectos máis complexos e importantes de cada bloque expostos nos contidos desta materia.
Seminarios Os seminarios terán unha tripla finalidade:
(a) resolución de casos prácticos relacionados cos distintos temas da materia que permitirán profundar e aplicar os contidos expostos nas sesións maxistrais así como fomentar o debate no aula.
(b) corrección e interpretación dos problemas e exercicios realizados polo alumno de forma autónoma.
(c) resolución de posibles dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
Traballos tutelados Elaboración individual ou en grupo (en función do número de persoas matriculadas nesta materia) dun traballo guiado e tutelado mediante tutorías por parte do profesorado. A realizaciión deste traballo, relacionado con aspectos da industria alimentaria, leva a procura de información que deberá ser analizada e xestionada correctamente para finalmente presentala de forma oral ao resto de compañeiros.
Presentacións/exposicións Cada traballo tutelado presentarase ao resto de compañeiros na última clase a través dunha exposición realizada en power-point (20 min)
Eventos docentes e/ou divulgativos Os alumnos deberán asistir a unha das conferencias publiciatadas para o próximo curso relacionadas co ámbito da calidade e seguridade alimentaria. Deberá presentar un pequeno informe onde se recollan as principais ideas da msima.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
Outros
Titoría en grupo A tutoría, en grupo ou de individualizada, terá como finalidade guiar e supervisar os traballos tutelados que deberán presentar os alumnos da materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000