O cuarto módulo docente (Especialización e traballo
fin de Máster) componse dun ciclo de prácticas en empresas ou en organizacións
de soporte á investigación e innovación (centros de innovación, centros
tecnolóxicos, parque tecnolóxico, etc.) e un traballo fin de Máster. Permitirá
que o alumnado aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos nos módulos
previos e as competencias xerais asociadas á titulación.
A realización de prácticas por parte dos alumnos, co fin de equilibrar
formación teórica e formación práctica, garántese a través da colaboración de
cinco empresas punteiras da contorna, a Confederación Empresarial de Ourense, a
Asociación Empresarial de San Cibrao das Viñas, o Parque Tecnolóxico de
Galicia, e os centros de soporte á investigación e a innovación dependentes da
Consellaría de Economía e Industria. Desde a coordinación do Máster, en todo
caso, ampliarase o leque de entidades onde poder realizar estas prácticas a fin
de seleccionar aquelas empresas e entidades que ofrezan maiores posibilidades
de continuidade laboral para o alumnado.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000