O Máster
Creación, Dirección e Innovación na Empresa ten unha duración de 90 créditos ECTS,
dos cales 60 son de docencia
teórico-práctica e 30 corresponden a prácticas en empresas ou en organizacións
de soporte á investigación e innovación (centros de innovación,
centros tecnolóxicos, parque tecnolóxico, etc.) e un traballo fin de Máster.
Comprende 3 cuadrimestres académicos:
Os dous cuadrimestres do
curso 2009-2010 destinaranse ao desenvolvemento dos 60 créditos
teórico-prácticos (correspondentes aos 3 primeiros módulos formativos: (1)
Temas avanzados de economía e xestión de empresas, (2) Creación de
empresas, (3) Xestión da innovación, a tecnoloxía e a calidade).
A docencia
impartirase no período comprendido entre setembro de 2009 e xuño de 2010, en sesións de xoves tarde, venres
tarde e sábado de mañá.
Ao longo da segunda metade
do ano 2010 desenvolveranse as prácticas e levarase a cabo a elaboración e
defensa pública ante un tribunal do traballo fin de Máster (ambas
actividades corresponden ao cuarto módulo: Especialización e traballo fin
de Máster).
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000