(*)
A estrutura da oferta formativa do plan de estudos é a seguinte:
Oferta formativa |
Créditos |
formación básica |
60 |
obrigatorias |
138 |
optativas (perfil “Enxeñería do Software”) |
60 |
optativas (perfil “Tecnoloxías da Información”) |
60 |
traballo fin de grao |
12 |
TOTAL |
330 |
Na definición da estrutura do plan de estudos tivéronse en conta os seguintes criterios:
- As competencias específicas da titulación se agruparon en materias, en función da súa afinidade disciplinar. Pretendeuse ordenar equilibradamente estas competencias, procurando optimizar a súa situación e graduación ao longo da carreira.
- As materias divídense en asignaturas.
- Todas as asignaturas do grao teñen un carácter teórico-práctico e experimental.
- Todas as asignaturas teñen unha carga de 6 ECTS, independentemente do seu carácter e ubicación no plan de estudos. Ademais, cada asignatura debe adicar 1 ECTS á adquisición das competencias transversales.
- Para cada asignatura especifícanse unha serie de actividades nas que o alumnado completa 25 horas por crédito ECTS. As actividades comprenden horas lectivas presenciais, titorías individualizadas ou en grupos, actividades de avaliación e traballo autónomo do alumno.
- A organización temporal da docencia garante unha carga de 60 ECTS por curso e 30 ECTS por semestre.
A aplicación destes criterios á estrutura do plan de estudos deu como resultado seis materias obligatorias disciplinares, unha transversal (formada por dúas asignaturas obrigatorias e unha optativa), e dúas materias optativas (unha para cada itinerario).
MATERIAS OBRIGATORIAS DISCIPLINARES |
Créditos ECTS |
ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN |
18 |
MATEMÁTICAS E ESTATÍSTICA |
24 |
PROGRAMACIÓN |
36 |
SISTEMAS OPERATIVOS, SISTEMAS DISTRIBUIDOS E REDES |
36 |
SISTEMAS DE SOFTWARE |
36 |
ENXEÑERÍA DE COMPUTADORAS |
36 |
MATERIA TRANSVERSAL |
|
PROXECTOS |
30 ó 36 |
MATERIAS OPTATIVAS DE ITINERARIO |
|
ENXEÑERÍA DE SOFTWARE |
60 |
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN |
60 |