|
A2 |
O alumnado demostrará saber aplicar os coñecementos da competencia anterior á resolución de problemas relacionados co desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e coa elaboración de candidaturas concretas |
|
A3 |
O alumnado demostrará posuír capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados, no caso que nos ocupa técnicos e autoridades comunitarias, dos gobernos portugués e español e dos gobernos autonómicos e locais, amén da CCDR-N.; así mesmo, deberán demostrar esa mesma capacidade con públicos non especializados, no caso que nos ocupa poden ser xestores e autoridades locais e medios de comunicación, por exemplo |
|
A4 |
O alumnado demostrará habilidades de aprendizaxe para estudar dun modo que será en gran medida autodirixido ou autónomo mediante o sistema semipresencial do título e o emprego intensivo da plataforma de docencia on-line da Universidade de Vigo |