Guia docente 2011_12
E.U. de Enfermería (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria I
   Competencias de titulación
Código Descrición
A9 Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
A23 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A24 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A25 Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
A26 Analizar os datos estatísticos referidos a estudos da poboación, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
A27 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000