Estudos/actividades previos |
Preparación previa das sesións teóricas de aula:
Con antelación á realización das sesións teóricas, os alumnos disporán dunha serie de materiais
que han de preparar, pois sobre eles versarán ditas sesións.
Preparación previa das prácticas de laboratorio:
É absolutamente imprescindible que, para un correcto aproveitamento, o alumno realice unha
preparación previa das sesións prácticas de laboratorio, para iso forneceráselle indicacións e
material específico para cada sesión con antelación suficiente. O alumno deberá traballar
previamente sobre o material fornecido e tamén debe ter preparados os aspectos teóricos
necesarios para abordar a sesión. Esta preparación previa será un elemento que se terá moi en
conta á hora de avaliar cada sesión práctica. |
Prácticas de laboratorio |
Desenvolvésense nos horarios establecidos pola dirección do centro. As sesións realizásense en
grupos de dous alumnos.As sesións estarán supervisadas polo profesor, que controlará a asistencia
e valorará o aproveitamento das mesmas.
Durante as sesións de prácticas os alumnos realizarán actividades do seguinte tipo:
- Montaxe de circuítos.
- Manexo de instrumentación electrónica
- Medidas sobre circuítos
- Cálculos relativos ao montaxe e/ou medidas de comprobación
- Recopilación e representación de datos
Ao final de cada sesión de prácticas cada grupo entregará as follas de resultados correspondentes. |