Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a asistencia e participación nas clases de aula, a resolución por parte do alumno dunha serie de problemas e/ou exercicios propostos nun tempo/condicións establecidas polo profesor así como a realización de traballos sobre temas concretos propostos polo profesor.
A cualificación neste apartado só será considerada se o estudante participa alomenos na metade destas actividades
20
Traballos tutelados Valoración do resultado obtido na elaboración dun documento ou presentación sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. 10
Prácticas de laboratorio Valorarase o seguinte:
- Seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio (12%)
A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria
- Proba práctica (na que tamén figurarán cuestións teóricas sobre a práctica realizada no exame) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno. Dita proba realizarase de xeito independiente para cada grupo de prácticas e terá lugar ao remate das sesións de laboratorio (12%).
- Elaboración honesta, clara e precisa do caderno de laboratorio (6%)
O alumno para ser avaliado nas prácticas de laboratorio deberá acadar alomenos o 50% da puntuación máxima posible para este apartado.
30
Probas de resposta curta Realizaranse dúas probas breves, unha ao rematar o tema 2 e outra o tema 4, que abarcarán o temario explicado 15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha proba global para a avaliación das competencias adquiridas na materia, realizarase tras a impartición da mesma.
Para a superación da materia o alumno deberá acadar un mínimo dun 50% na totalidade das probas escritas (probas de resposta curta e probas de resposta longa), polo tanto a cualificación do resto dos apartados solamente se sumará cando a puntuación acadada na suma das probas escritas sexa igual ou superior a dous puntos.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



A participación do
estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
“presentado/a” e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse
actos de avaliación a asistencia ás clases prácticas de laboratorio (tres ou
mais), a realización de probas, a realización dos traballos tutelados e a
entrega dun mínimo do 25% dos traballos ou exercicios encargados polo profesor.

Avaliación da convocatoria de xullo

1.-Puntuación acadada polos alumnos durante o curso: máximo 4 puntos

Conservarase a puntuación acadada polo alumno durante o curso na resolución de problemas, traballos, etc, (máx. 1 punto), nos traballos tutelados (máx. 1 punto) e na realización das prácticas no laboratorio (máx. 2 puntos).

2.-Traballo realizado polos alumnos: máx. 1,5 puntos

Unha vez rematado o proceso de avaliación de xaneiro, o profesorado proporá aos alumnos, que non superen a materia, a realización de boletíns de exercicios que lles permitan acadar as competencias das que serán avaliados na convocatoria de xullo. Este traballo terá que ser entregado antes do día do exame oficial desta convocatoria.

3.-Proba escrita: máx. 4,5 puntos.

Os alumnos farán unha proba escrita na que se avaliarán as competencias adquiridas na materia

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000