Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Durante os seminarios orientarase de forma práctica ao alumno no emprego de recursos para a comprensión dos procesos de cristalización e dos aspectos microscopicos e macroscópicos dos solidos cristalinos.
Nos seminarios adquírense os coñecementos necesarios para a realización dos traballos.
Presentacións/exposicións Expoñeranse en grupos de aproximadamente 5 alumnos os traballos colectivos que consistirán na exposicion colectiva de un dos temas tratados nos seminarios.
Titoría en grupo Empregaranse para resolver as dúbidas xurdidas durante a realización dos traballos, tanto individuais coma colectivos.
Traballos tutelados Son traballos que realiza cada alumno de xeito individual e consistirán na caracterización cristalográfica dunha substancia cristalina nos aspectos estruturais, composicionais e morfolóxicos. Adoptan o formato dun pequeno traballo de investigación e levan implícito o coñecemento e manexo dos conceptos e seminarios.
Sesión maxistral Explícanse os principios básicos da cristalización como proceso e das estruturas dos sólidos cristalinos a partir das ideas de periodicidade e simetría das redes cristalinas. Introdúcese ao alumno ás técnicas de difracción.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000