Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación continua. Cada estudante deberá resolver una serie de problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polos profesores. Os traballos, individuais ou en grupo, poden ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ó encerado, exposición oral, puzle,... 50
Traballos tutelados Valoración do resultado obtido na elaboración dun documento ou presentación, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Proba para a avaliación global das competencias adquiridas. Realizarase ó rematar o período lectivo e incluirá preguntas e exercicios os que as alumnas e alumnos responderán organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos que teñen sobre a materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou superior ao 50% da puntuación

total.


As alumnas e os alumnos que non superen a materia en xaneiro, e pretendan facelo na

convocatoria de xullo, deberán repetir obrigatoriamente aquelas probas de avaliación non

superadas; é dicir, aquelas nas que a nota obtida non igualou ou superou o 50% da

puntuación máxima atribuída ás mesmas. Poderán, ademais, optar por repetir algunhas, ou

todas, as probas de avaliación restantes, renunciando, daquela, á nota previa acadada

nelas.


Calquera estudante que participe nunha das dúas  probas de resposta longa realizadas ao

rematar o período lectivo (en xaneiro ou, de ser o caso, en xullo) non poderá, en ningún

caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000