Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Na plataforma Tema poñerase a disposición do alumnado distinta formación sobre a sesión maxistral. Os primeiros meses de curso este material tamén estará a disposición do alumnado no servizo de reprografía da facultade.

a) Analizaranse os obxectivos específicos que se perseguen en cada tema, indicando a súa necesidade e as súas posibles aplicacións.
b) Mostrarase o xeito de acadar os obxectivos. Farase fincapé naqueles aspectos que resulten máis problemáticos e dificultosos e resolveranse distintos exemplos.
c) Propoñeranse distintas referencias bibliográficas.
Traballos tutelados a) Os traballos tutelados faranse en grupos ou individualmente.
b) Para que o estudante teña unha idea clara dos obxectivos que hai que acadar e dos medios de que dispón darase a coñecer ao alumno/a con suficiente antelación o traballo tutelado que debe realizar.
Seminarios a) Resolveranse exercicios e problemas que estarán previamente a disposición na páxina web mencionada ou no servizo de reprografía.
b) Aclararanse dúbidas e conceptos de difícil comprensión.
c) Programaranse diversas tarefas para realizar polo alumnado.
d) Diversas tarefas que os estudantes teñen que realizar serán avaliadas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000