Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación continua. Cada estudante deberá resolver unha serie de problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos, individuais ou en grupo, poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral, puzle,... 50
Traballos tutelados Valoración do resultado obtido na elaboración dun documento ou presentación dun tema, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final. Proba para a avaliación das competencias adquiridas. Realizarase ao rematar o período lectivo e incluirá preguntas e exercicios aos que as alumnas e os alumnos responderán organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos que teñen sobre a materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, a nota obtida deberá ser igual ou
superior ao 50% da puntuación total.

As alumnas e os alumnos que non superen a materia en xaneiro, e pretendan facelo na convocatoria de xullo, deberán repetir obrigatoriamente aquelas probas de avaliación non superadas, é dicir, aquelas nas que a nota obtida non igualou
ou superou o 50% da puntuación máxima atribuída ás mesmas. Poderán, ademais,  optar por repetir algunhas, ou todas, as probas de avaliación
restantes,
renunciando, daquela, á nota previa acadada nelas.

Calquera estudante que  participe nunha das dúas  probas de resposta longa realizadas ao rematar o período lectivo (en xaneiro ou, de ser o caso, en xullo) non poderá, en ningún
caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000