Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e bioloxía: Laboratorio integrado I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado. Dado que é unha materia de tipo experimental é obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. É importante indicar que a non asistencia (aínda sendo xustificada) será penalizada na nota final. Se o número de ausencias é superior a 6 supoñerá "suspender" a materia. 40%
Traballos tutelados Valoración do resultado obtido na elaboración dun documento ou presentación sobre a temática da materia, investigacións, memorias, resumos de lecturas, conferencias, etc. 10 %
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita (de resposta breve) relativa a aspectos concretos das operacións realizadas no laboratorio. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba práctica (unha sesión de laboratorio) que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno. A devandita proba será realizada de forma independente para cada grupo de prácticas. 25
Informes/memorias de prácticas 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Á asistencia a máis de dúas sesións de laboratorio implica co alumno cha está sendo avaliado, polo que, súa calificación na acta, non poderá ser "non presentado".


É necesario ter unha nota mínima (4 sobre 10) en cada ún dos apartados da avaliación pra superar a materia. No caso de non superar a materia, a calificación na acta será a correspondente ás probas escrita e de laboratorio.


Na segunda convocatoria a avaliación levaráse a cabo do seguinte modo:

- Unha proba teórico-práctica na que se avaliarán os resultados da aprendizaxe do alumno: 40 %.

- Conservarase a puntuación acadada polo alumno durante o curso nos seguintes apartados: seguimento do traballo de laboratorio (40%), informe de prácticas (10%) e actividades colaboradoras (10%).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000