Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Química, física e bioloxía: Laboratorio integrado I
   Contidos
Tema Subtema
1) Normas de hixiene e seguridade no laboratorio (1 sesión).
Conceptos básicos do cálculo de erros nas medidas: manexo do calibre e parafuso micrométrico (1 sesión).
3) Recoñecemento e utilización do material básico de laboratorio. Deseño dun caderno de laboratorio (1 sesión).
4) Determinación de densidades de líquidos e sólidos (1 sesión).
5) Preparación de disolucións (2 sesións):
a) A partir dun soluto sólido (concentración exacta e aproximada).
b) A partir dun soluto líquido (Ex: HCl, H2SO4, etc.)
c) Preparar disolucións diluídas das preparadas anteriormente.
6) Medida da tensión superficial (1 sesión).
7) Medida da viscosidade (1 sesión).
8) Establecemento dunha ecuación química: estequiometría (1 sesión).
9) Separación dos compoñentes dunha mestura: sublimación e filtración (1 sesión).
10) Precipitación: formación e illamento por filtración a baleiro (1 sesión).
11) Purificación e caracterización: cristalización de ácido benzoico. Sublimación de cafeína e alcanfor. Medidas de puntos de fusión (1 sesión).
12) Destilación dunha mestura de azul de metileno en acetona e auga. Propiedades dos disolventes (1 sesión).
13) Calorimetría: determinación de entalpías de reacción e disolución (1 sesión).
14) Extracción líquido-líquido: separación dunha mestura binaria ácido benzoico/alcanfor (1 sesión).
15) Estudo do equilibrio químico. Principio de Le Chatelier (1 sesión):
a) Efecto da temperatura.
b) Efecto da concentración.
16) Calores específicas de líquidos e sólidos (1 sesión).
17) Extracción de lípidos presentes na xema de ovo. Métodos de extracción e identificación dos distintos tipos de lípidos.Métodos de cromatografía en capa fina de lípidos (CCF) (1 sesión).
18) Volumetrías ácido-base (2 sesións):
a) Valoración de hidróxido sódico con hidróxeno ftalato de potasio.
b) Valoración de ácido clorhídrico con hidróxido sódico preparado en (a).
19) Illamento de ácidos nucleicos. Método de extracción e identificación de ácidos nucleicos. Métodos de reacción colorimétricos (1 sesión).
20) Determinación da concentración de proteínas en fígado de rata. Realización dunha recta patrón (1 sesión).
21) Volumetrías redox (2 sesións):
a) Valoración de oxalato sódico con permanganato potásico.
b) Determinación da concentración dunha disolución de hipoclorito mediante valoración con tiosulfato.
22) Illamento de glicóxeno. Extracción mediante precipitación e extracción con alcohol (1 sesión).
23) Determinación da concentración de glicosa. Métodos enzimáticos específicos colorimétricos (1 sesión).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000