A materia de Química II introduce o estudiante de primeiro curso do grado de Ciencias do Mar nos conceptos termodinámicos básicos para acadar o coñecemento e emprego dos fundamentos da termodinámica química, electroquímica e cinética química, e a súa aplicación ó tratamento de procesos químicos que teñan lugar en disolución acuosa en xeral e en medios mariños en particular.
Os conceptos de termoquímica e equilibrio químico serán introducidos na materia de Química I do primeiro cuatrimestre. Nesta materia, estes conceptos serán ampliados e tratados baixo o formalismo termodinámico xunto cunha aplicación experimental.