Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias del Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Proba en que o alumnado debe resolver algúns exercicios empregando o programa informático utilizado na aula. 10
Probas de tipo test Durante o curso realizaranse alomenos catro probas parciais curtas tipo test que contarán un 20 por cen na cualificación final.

Ademais, nunha proba final, realizarase outra proba tipo test de tódala materia que contabilizará outro 20 por cen na cualificación final.
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Ó finalizar o curso realizaráse unha proba a desenvolver preguntas teóricas e exercicios de forma extensa sobre os coñecementos adquiridos da materia. 20
Traballos e proxectos Participacion en todas as actividades propostas polo profesorado, sexan estas para realizar dentro ou fóra da aula. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Entregas na aula nas que o estudantado debe solucionar unha serie de problemas baixo as condicións e o tempo establecidos polo profesor. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Calquera estudante que, durante o curso, participe en probas de avaliación de máis de dous temas do programa non poderá, en ningún caso, obter a cualificación de NON PRESENTADO.

Calquera estudante que non supere a materia en xuño, e pretenda facelo en xullo, manterá as cualificacións obtidas durante o curso en cada unha das probas de avaliación realizadas, salvo as cualificacións da proba práctica de Matlab e as dúas probas realizadas a final de curso, que serán avaliadas no exame correspondente. Así mesmo, a cualificación dos exercicios resoltos entregados durante o curso poderá ser modificada a través dun traballo supervisado polo profesorado (neste caso, será necesario poñerse en contacto co profesorado con suficiente antelación).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000