Guia docente 2011_12
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Selección e avaliación do persoal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Examen tipo test de 50 preguntas 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Para os asistentes


Consideraranse como asistentes aqueles cuxa presencialidade aos grupos de prácticas sexa arredor dun 80 % . 


A avaliación para o alumnado asistente estará composta por:


- Unha proba final objetiva escrita tipo test, composta por 50 preguntas  con varias alternativas de resposta, con preguntas de  Verdadeiro ou Falso, asociación de pares, e preguntas con resposta incompleta. Para os considerados asistentes poderánse facer avaliacións parciais, dúas como máximo, segundo se vaia explicando o temario.  Cada pregunta vale un punto, e o aprobado (5) lograrase cun resultado de 30 acertos, despois de descontar as respostas erróneas (as respostas en branco non descontan). Esta proba contará un 60 % da nota final.


- Un traballo de prácticas que consta na realización, presentación e defensa oral dos diferentes exercicios prácticos realizados na aula e/ou dalgún tema seleccionado. Entregarase unha memoria final de todas as prácticas realizadas. 


 Os traballos de prácticas contarán un 40 % da nota final, sempre que sexan recollidos e entregados nunha memoria final, e que o/a alumno/a chegue ou supere o 80 % de asistencia a clases.


2ª convocatoria: manteranse as calificacións daqueles apartados superaros na primeira convocatoria.


2. Para os non asistentes


- Unha proba objetiva final, escrita (obrigatoria) de toda a materia do temario será o día estipulado para o exame final (tablón de anuncios e páxina Web de la Facultade). O tipo de exame será idéntico ao dos asistentes, estará composto por 50 preguntas con varias alternativas de resposta, con preguntas de Verdadeiro ou Falso, Asociación de pares, e preguntas con resposta incompleta.  Cada pregunta vale un punto e o aprobado (5), lograrase cun resultado de 35 , despois de descontar as respostas erróneas (as respostas en branco non descontan). Esta proba contará un 60 % da nota final.



-Un traballo tutelado. Este traballo deberá estar iniciado, polo menos, 2 meses antes do  exame final e será titorizado polo profesor (polos medios que que se acorden) de forma periódica. Comunicaráselle obrigatoriamente ao profesor, e recibirase a confirmación l relativa aos seguintes pasos: Aprobación do tema seleccionado, A bibliografía utilizada, O esquema do mesmo, entrega dun borrador e traballo final. O traballo contará un 40 % da nota final.



2ª convocatoria: manteranse as calificacións daqueles apartados superaros na primeira convocatoria.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000