CONVOCATORIA ORDINARIA FEBRERO (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final)
a) Avaliación continua. Ao comenzo do curso, o alumnado deberá manifestar, por escrito, conforme ao modelo
proporcionado polo docente, a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar ao sistema de
avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario,
sempre poderá acollerse ao sistema de avaluación final.
b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados
nun examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da
materia e representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA ORDINARIA XULLO
Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas
dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua,
agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.