Educational guide 2011_12
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Programación II Código V05G300V01302
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría telemática
Coordinador/a
Diaz Redondo, Rebeca Pilar
Correo-e
Profesorado
Alvarez Sabucedo, Luis Modesto
Caeiro Rodriguez, Manuel
Diaz Redondo, Rebeca Pilar
Fernandez Vilas, Ana
Ramos Cabrer, Manuel
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral O obxectivo xeral da materia é proporcionar ao estudante os fundamentos teóricos e as competencias prácticas que lle permitan analizar, deseñar, desenvolver e depurar aplicacións informáticas seguindo o paradigma orientado a obxectos.

É esta unha materia eminentemente práctica e neste sentido está orientada ao traballo dos alumnos na realización dun ou varios proxectos. Para facilitar o desenvolvemento dos proxectos na materia tamén se fai unha introdución á ?Enxeñería do Software?. Neste sentido non se ocupa de todas as fases xeralmente recoñecidas nos procesos de desenvolvemento software que van desde a captura e descrición de requisitos ata o despregamento dos sistemas, senón que se tratarán principalmente as etapas de análises, deseño, implementación e depuración.

En primeiro lugar presentarase a enxeñería do software como disciplina imprescindible para o desenvolvemento de grandes aplicacións informáticas, mostrando os principais retos aos que se enfronta e os conceptos básicos que se utilizarán. A continuación analizaranse os elementos do paradigma orientado a obxectos utilizando elementos e diagramas UML que serán utilizados polos alumnos nos seus desenvolvementos. Para alcanzar este obxectivo xeral os contidos que se verán na materia pódense resumir nos seguintes ítems:

1. O paradigma Orientado a Obxectos ou Conceptos básicos da orientación a obxectos: clases e obxectos
1.1 Encapsulación. Principio de ocultación. Conceptos de desacoplamiento e cohesión
1.2 Herdanza, abstracción, polimorfismo e reutilización
1.3 Relacións entre clases: Generalización, asociación e dependencia
1.4 Comunicación entre obxectos: métodos, eventos, mensaxes
1.5 Persistencia de datos.
1.6 Xeración, captura e procesamiento de excepcións

2. Introdución á Enxeñería do Software
2.1 Conceptos básicos da Enxeñería do Software. Reseña histórica ou Introdución e concepto de Ciclo de Vida. Estándar
ISO/IEC 12207
2.2 Introdución ás metodoloxías de desenvolvemento de software. Clasificación ou Introdución aos procesos de desenvolvemento de software orientado a obxectos. Métrica v3 e o Proceso Unificado
2.3 Fases principais no desenvolvemento OO: análise, deseño, implementación e probas
2.4 Introdución á linguaxe de modelado UML: estrutura e interacción
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000