Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
3
OB
1
2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rodriguez Mendez, Miguel Enrique
Correo-e
miguel.r@uvigo.es
Profesorado
Bilbao Estrada, Iñaki
del Rio González, Pablo
Labandeira Villot, Francisco Javier
Rodriguez Mendez, Miguel Enrique
Romeo García, Ismael
Web
Descrición xeral
O obxectivo desta materia é desenvolver a capacidade do estudante para enfrontarse ás implicacións económicas e empresariais do Protocolo de Kioto para calquera organización, xa sexa esta pública ou privada, así como a calquera outro tratado de índole similar que se asine no futuro.
En consecuencia, esta materia esta moi vencellada co módulo I, pois o nacemento do Protocolo de Kioto é a resposta a diferentes problemas do ámbito científico e tecnolóxico: o efecto invernadoiro, etc.
Esta materia tamén esta moi vencellada co módulo II, xa que o Protocolo de Kioto non deixa de ser un elemento mais da lexislación ambiental, xunto con todos aqueles desenvolvementos que se teñen creados a partires do mesmo. Ademais, estanse a utilizar diversos instrumentos de regulación que foron propostos polo propio Protocolo de Kioto.
Finalmente, esta materia esta moi vencellada coas outras materias que forman parte do módulo IV, pois como consecuencia do Protocolo de Kioto foron creadas diversas normas de xestión medioambiental e auditorías. Tamén fai necesaria a utilización de instrumentos de xestión empresarial e optimización de custos co obxectivo de minimizar o impacto do Protocolo de Kioto. E por suposto, as enerxías renovables deben xogar un papel fundamental para a consecución dos obxectivos propostos polo Protocolo de Kioto