Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
3
OB
1
2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Labandeira Villot, Francisco Javier
Correo-e
xavier@uvigo.es
Profesorado
Calleja Mediano, Miguel Francisco
Collado Alonso, Pablo
Hernández González, José Cayetano
Labandeira Villot, Francisco Javier
Rivier Abbad, Juan
Serrano López, Carlos
Web
Descrición xeral
Con esta asignatura preténdese que o alumno adquira unha visión xeral do negocio das enerxías renovables; da súa situación actual, das súas perspectivas de desenvolvemento e dos factores empresariais de éxito que lle caracterizan.
Para elo definiuse un programa estructurado en cinco bloques docentes: no primeiro sitúanse as renovables no contexto enerxético actual; no segundo analízanse os marcos de apoio destas tecnoloxías e as novidades que introducirá a nova Directiva de Renovables a este respecto; no terceiro estúdiase cada unha das tecnoloxías dende unha triple perspectiva tecnolóxica, económica e de negocio; no cuarto, analizarase dende un punto de vista práctico a promoción, valoración, financiación e explotación das instalacións renovables; e, por último, amósanse os principais instrumentos para analizar as inversións en renovables.
En consecuencia, esta materia está moi vencellada cos módulos impartidos con anterioridade na titulación, así como coa outra materia do módulo “Enerxía e cambio climático”, na que se tratarán cuestións específicas arrededor do protocolo de Kioto e as súas implicacións para a xestión empresarial e das institucións en xeral.