Verificación e Implantación da Responsabilidade Social Corporativa
Código
V03M019V01110
Titulación
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
4
OB
1
1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rodriguez Daponte, Maria del Rocio
Correo-e
rocio@uvigo.es
Profesorado
Chouza Ponte, Alberto
Mateo Troncoso, Noemia
Philippot Fernandez, Jose
Rodriguez Daponte, Maria del Rocio
Web
Descrición xeral
Nos últimos anos, o desenvolvemento medioambiental unido a distintas inquietudes de tipo social foron continuo obxecto de preocupación para toda clase de individuos, empresas, organizacións e gobernos.
Desde este concepto de desenvolvemento sostible, e como consecuencia da evolución da responsabilidade social da empresa, definiuse un informe que as empresas están comezando a publicar de modo regular: a Memoria de Sostenibilidade. Un documento que resume as principais actividades dunha entidade para contribuír ao desenvolvemento sostible, do seu desempeño en términos económicos, sociais e medioambientais.
Ademais desta memoria, as empresas marcáronse o propósito da implantación dun sistema de normas que garanten o cumprimento dun desenvolvemento sostible. A elaboración de esas normas de xestión da RSC, así como a sua posible certificación son un campo de investigación aplicada que está en fase de definir. Existen normas e procedementos de distintas organizacións en RSC que poden ser válidas como referencias a aplicar.
En resumen, como continuación á materia anterior de Responsabilidade Social e Goberno Corporativo, é necesario profundizar na elaboración práctica das memorias de sostenibilidade e coñecer as ferramentas de implantación de normas de RSC nas empresas como complemento á parte estratéxica teórica da primeira materia.