Consta de dous elementos:
I. Avaliación continua (ata 4 puntos): Esta inclúe:
1. Entrega das follas de exercicios e asistencia as clases prácticas (1 punto).
2. Desenvolvemento do traballo de curso e presentación. Tamén se terá en conta a asitencia as sesións de presentación de traballos (3 puntos).
II: Probas: Realizaranse 2 probas:
1. Exame parcial co contido teórico e práctico dos 3 primeiros temas. Os alumnos que teñan superado o exame parcial (para o cal é necesario ter acadado unha cualificación igual ou superior a 3 dos 6 puntos do exame) solo terán que examinarse da parte correspondente aos temas 4 a 7. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final
2. Exame final: constará de 2 partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 3, e a segunda aos temas 4 a 7), cada unha delas valorada sobre 6. Para poder aprobar a materia será preciso obter un mínimo de 2 dos 6 puntos en cada unha das partes. Neste caso a nota do exame será obtida como media aritmética das cualificacións en cada unha das partes.
Observación: A nota final resulta da suma dos elementos de avaliación sinalados. Nembargantes, a puntuación do exame sómente sertá tida en conta cando o alumno obteña unha nota de exame igual ou superior a 2 dos 6 puntos. En caso contrario a nota será igual a puntuación obtida na avaliación continua. Pola súa banda, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a acadada na avaliación continual.
Para superar a materia o alumno deberá obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos. |