Derecho Mercantil é unha materia que se cursa no segundo cuadrimestre do primeiro ano do Grao en Administración de Empresas. Nela examínanse os principais aspectos do estatuto xurídico do empresario, a orgaización xurídica da empresa mercantil e a actuación dos empresarios no mercado, de xeito que alumno perciba e comprenda que o mercado é un espazo regulado por normas xurídicas no que os suxeitos actuantes contraen dereitos e obrigas exixibles, no seu caso, perante os Tribunais de xustiza.