Proxectos |
Actividade práctica. Os discentes realizarán un proxecto final co fin de superar a materia. Este proxecto consistirá na composición dun escrito profesional no que, ademais de integrar os distintos traballos tutelados, incorporen unha mostra significativa de discurso escrito e dean coherencia ao conxunto do texto. |
Sesión maxistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de
comunicar coñecementos, estratexias e metodoloxías. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos.
Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións. |