Cada alumna/o deberá realizar tres exposicións sobre tres textos do programa: un texto teórico, un texto fílmico e un texto literario. Estas acordaranse previamente co profesorado e co resto do alumnado. As exposicións poderanse realizar individualmente ou en grupo. A nota final deste apartado calcularase facendo a media aritmética das notas das tres exposicións.
40
Traballos e proxectos
A alumna/o deberá realizar un traballo escrito, entre 8 e 10 páxinas, a dobre espazo, sobre un tema ou texto previamente aprobado pola profesora. O traballo deberase ater á metodoloxía da materia e deberá seguir escrupulosamente as normas académicas de elaboración de traballos científicos.
40
Outras
A participación activa en todas as sesións presenciais constituirá unha parte importante da avaliación. A alumna/o deberá demostrar en cada sesión que preparou axeitadamente o material de discusión de cada sesión e que pode contribuír de maneira acaída coas súas reflexións críticas aos debates levados a cabo na aula.
20
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación é continua. O requisito para ser avaliada/o será a asistencia ao 80% das aulas. Se algunha alumna/o non pode cumprir este requisito deberá comunicárllelo ás profesoras argumentadamente ao comezo do curso. As faltas deberán xustificarse razoadamente.
Na segunda edición das actas (xullo), o alumnado de avaliación continua que non superou a primeira convocatoria deberá facer as probas da avaliación continua que non aprobou, entregando o traballo e/ou a versión escrita das presentacións non superadas.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000