Guia docente 2011_12
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Edición
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Contidos
Tema Subtema
Para a realización deste traballo pode optarse entre as seguintes modalidades:
a) O estudo dalgún aspecto contido en calquera das materias do máster. O tema pode ser proposto directamente polo alumnado ou por cada un dos profesores encargados da docencia. No primeiro caso, a proposta deberá ser avaliada para comprobar se é factible; se é proposto polos docentes entregarase un listado con liñas de traballo. Recoméndase a consulta da páxina web do mestrado www.masteredicion.uvigo.es concretamente a sección "Planificación da docencia" (actualización), onde están as guías docentes de cada unha das materias.
b) A realización dun traballo concreto de edición (libro, libro dixital, cómic). Neste caso, deberase presentar a obra editada xunto cunha memoria (de non máis de 20 páxinas) na que se detallen as diversas fases do proceso que conduciron a ese resultado:
a) Xustificación da elección do autor/a.
b) Formato, caixa, parágrafo, tipografía, papel, deseño de cuberta, etc.
c) Xestión dos dereitos de autoría.
d) Plano de promoción da obra.
c) Deseño dunha nova liña ou colección editorial, con proposta de formato, títulos, etc.
d) O establecemento do organigrama completo do que debería ser unha editorial modelo, detallando as función, relación de postos de traballo e indicadores de rendemento de cada unha das seccións que a integren.
e) Memoria de prácticas. Relación das actividades feitas durante o período de prácticas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000