A
avaliación terá en conta tanto a asistencia obrigatoria ás clases e a
participación activa nas mesmas, así como a realización puntual dos
exercicios de avaliación, a lectura e aproveitamento da bibliografía
recomendada e, moi especialmente, o traballo de confección do libro e a
redacción da memoria correspondente. Tanto nos exercicios como na
confección do libro e da memoria, valoraranse a pulcritude e rigor e a
aplicación de todos os criterios de deseño, adecuación externa e
estrutural e corrección tipográfica e editorial aos que fai referencia a
materia. Para a armonización de teoría e práctica seguirase un proceso
de avaliación continua a través de exercicios breves e a elaboración dun
traballo final extenso que se concretará na confección dun libro, que
irá acompañado dunha memoria explicativa do proceso. |