Traballos de aula |
Execución na aula de exercicios propostos polo docente e análise de textos e de producións orais. |
20 |
Traballos e proxectos |
Lectura de traballos especializados nos contidos da materia e realización de resumos e de exposicións orais sobre eles. |
20% |
A avaliación será continua. Para poder seguir esta avaliación terá que asistirse ó 80% mínimo das horas. A asistencia é un requisito para seguir a avaliación continua, pero non será puntuada na nota global. Para superar a materia, os alumnos deberán realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, presentacións e exposicións de traballos, resolución de problemas ou exercicios e traballos e proxectos). As prácticas ou exercicios propostos terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos. A nota final será a suma de todos estes traballos. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno ou alumna non pode asistir ó 80 % das clases por razóns laborais ou persoais, deberá comunicalo ó profesor nos primeiros 15 días de clase. Neste caso, haberá de presentarse a unha modalidade de avaliación única que consistirá nunha proba teórica (50% da nota) e outra práctica que constará de tres exercicios escritos (30% da cualificación) e dunha breve exposición oral (20%) da cualificación. 2ª Edición de actas. O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua ou non se presente á mesma, poderá realizar un único examen na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica (50% da nota) e outra práctica que consistirá en tres probas escritas (30% da cualificación) e unha breve exposición oral (20 %). |