Esta materia impártese no primeiro ano do Grao en Linguas Estranxeiras, dentro do bloque de Formación básica. Con ela preténdese que o alumnado coñeza e se familiarice cos acontecementos fundamentais da historia, cultura e civilización dos países de fala inglesa, prestándolle unha especial atención ao Reino Unido e aos Estados Unidos de América.
Os coñecementos adquiridos nela son unha base fundamental e, en certos aspectos, un complemento imprescindible para abordar a aprendizaxe específica da literatura e linguas do primeiro idioma estranxeiro.