Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística, comunicación e cognición
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Achega por parte do alumnado de materiais (resumos, glosario e similares) sobre as lecturas obrigatorias e opcionais antes ou despois de tratar os temas na clase. Realización dun pequeno traballo de investigación. 35
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia, seguimento e participación nas clases dedicadas a resolver os exercicios e os problemas propostos. 10
Estudo de casos/análises de situacións Traballo de campo con vistas á elaboración dunha pequena investigación. 5
Debates Preparación e participación activa nas sesións de debate que se propoñan ó longo do curso. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba escrita na que se demostre a capacidade de razoamento e argumentación con respecto ós temas da materia. 15
Probas de resposta curta Realización de probas escritas específicas nas que se demostre coñecementos conceptuais. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Prevense dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada para todo o alumnado, prevé as actividades que se describen na táboa anterior. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de avaliación fará un exame global de toda a materia ao final do cuadrimestre, na data oficial fixada polo decanato. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir.


Todo o alumnado que non supere a materia satisfactoriamente terá unha segunda oportunidade. Tanto para os que opten pola avaliación continua coma para os que elixan avaliación única, esta segunda oportunidade constará dunha proba escrita sobre os contidos da materia, cunha parte conceptual e outra de razoamento e argumentación. Para os de avaliación continua non se terán en conta as cualificacións parciais obtidas durante o curso. A proba terá lugar no mes de xullo, na data oficial fixada polo decanato.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000