Guia docente 2011_12
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega desde 1900 ata 1936
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Descrición xeral da materia.
1. Competencias.
2. Contidos.
3. Planificación docente.
4. Metodoloxía docente.
5. Atención personalizada.
6. Recomendacións.
1
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clase así como a participación en debates e comentarios de textos e ideas. 7
Obradoiros Valorarase a asistencia ás sesións de comentario de textos así como a participación nos debates suscitados. 17
Eventos docentes e/ou divulgativos Valorarase a asistencia a conferencias, recitais, representacións teatrais, proxeccións cinematográficas, seminarios, etc., recomendados polo profesor. 17
Traballos tutelados A lectura de obras literarias e a reflexión sobre estas será obxecto de atención prioritaria. O alumno deberá realizar ao longo do curso breves comentarios escritos sobre textos concretos determinados polo profesor. 7
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado realizará unha ou dúas probas de resposta longa durante o cuadrimestre consistente no desenvolvemento dun comentario ou temas con amplitude de detalles e profundidade expositiva. 26
Probas de resposta curta Realizarase igualmente unha ou dúas probas de resposta curta para avaliar os coñecementos polo miúdo do alumnado. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É preciso obter unha puntuación de aprobado en todos os procedementos avaliadores, antes de calcular a media total da materia. 

O alumnado que non participe no desenvolvemento diario da materia poderán presentarse a un exame final, ao que deberá concorrer cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria, e que estará dividido en tres partes:

1. Recoñecemento de textos. 20%

2. Preguntas breves con resposta curta. 40%

3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%

O alumnado que suspenda a avaliación continuada presentarase a un exame no mes de xullo, ao que deberá concorrer, igualmente, cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria (ou aqueles que non entregasen previamente durante o desenvolvemento normal do curso), no que será avaliado en base a:

1. Recoñecemento de textos. 20%

2. Preguntas breves con resposta curta. 40%

3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000