Actividades introductorias |
Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos , etc.
|
Sesión magistral |
A docencia centrarase na análise exhaustiva arredor de catro núcleos textuais e autoriais, dos que se irán derivando calas noutras obras e autores adxacentes:
1. Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco.
2. Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo.
3. Poemas de si e non de Álvaro Cunqueiro.
4. A fiestra valdeira de Rafael Dieste fronte a Os vellos non deben de namorarse de Castelao. |
Eventos docentes y/o divulgativos |
Eventualmente o alumnado poderá acudir a conferencias, recitais, mesa redondas, proxeccións de filmes, seminarios literarios, representacións teatrais, etc. e deberá realizar un breve resumo por escrito desta actividade.
|