Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama das literaturas lusófonas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Organización interna da materia.
Información bibliográfica.
Introdución ás ferramentas dixitais.
Temas e organización dos traballos tutelados e das exposicións orais.

Sesión maxistral Os principais temas da materia serán introducidos a través dunha serie de exposicións maxistrais por parte do profesor en lingua portuguesa.
Presentacións/exposicións Cada estudante preparará e realizará unha exposición oral sobre un tema relacionado cos contidos da materia. A exposición poderá ser realizada en lingua portuguesa ou galega.
Obradoiros Realizaranse pequenos proxectos tutelados de divulgación e didactización de contidos relacionados coas literaturas e culturas lusófonas en diferentes soportes.
Traballos tutelados Cada estudante realiza ao longo do semestre un traballo de proxecto escrito (en lingua portuguesa ou galega), dirixido polo profesor, sobre un tema relacionado coa literatura lusófona.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, filmes, seminarios, etc. relacionados cos contidos da materia.
Debates Realizarase unha serie de sesións, nas cales as/os estudantes deben participar en debates sobre cuestións relacionadas coas literaturas e culturas lusófonas, colocadas polo profesor e previamente preparadas polo alumnado.
Estudo de casos/análises de situacións Realizarase unha serie de sesións dedicadas á análise pormenorizada de textos literarios e/ou outros aspectos culturais específicos da lusofonía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000