Guia docente 2011_12
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación oral e escrita: Galego II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Ó longo do curso, o profesorado irá recompilando as cualificacións de todas as actividades prácticas avaliables (orais ou escritas). 32
Presentacións/exposicións Contémplase a realización de dúas actividades de natureza oral. 20
Traballos tutelados Contémplase a realización dunha actividade de natureza escrita. O seu valor sobre a cualificación final é do 8%. 8
Sesión maxistral Realizaranse dúas ou tres probas (de natureza escrita e oral) verbo dos coñecementos teóricos e lingüísticos desenvolvidos na materia. Ata un 4% do valor desta epígrafe pode alcanzarse grazas á asistencia participativa nas aulas, tanto teóricas coma prácticas. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación única.

Asistencia.
Para poder optar á avaliación continua o alumnado
deberá asistir a un mínimo do 80% das aulas (tanto das
horas teóricas coma das prácticas).

Os
discentes terán que conseguir un mínimo de 5.00 (sobre
10) en cada unha das catro tipoloxías de avaliación para alcanzar o apto. Así mesmo, en cada unha das probas ou actividades
individuais que constitúen o proceso de avaliación débese
alcanzar un 4.00 (sobre 10) para poder
facer media coas demais. Todas as prácticas, actividades e
traballos solicitados polos docentes teñen que se entregar,
para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Igualmente, o plaxio
ou copia está penalizado cun 0; o segundo 0 por este motivo
suporá un suspenso automático na materia.

Os
discentes que non perdan o dereito á avaliación
continua poderán recuperar na avaliación do mes de xullo, na data
fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio/xuño (en todo caso, se algunha das partes non se
consegue aprobar suporá un suspenso na materia e non se fará
a suma total das porcentaxes).

O
alumnado que opte pola avaliación única, ou que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar
a materia, tanto en maio/xuño coma en xullo, a través dun exame final (cunha parte oral e outra escrita) [50%] e mais dous traballos (seguindo as indicacions do docente) [50%]. Cómpre superar tanto o exame coma os traballos para poder superar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000