Eventos docentes e/ou divulgativos |
Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates etc. realizados por relatores/as de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a utilización de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. |
Presentacións/exposicións |
Exposición por parte do alumnado, diante do docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. Poderán ser individuais ou en grupo. |
Traballos tutelados |
Elaboración dun traballo proposto polo docente que permita avaliar a competencia do alumnado no relativo ao dominio da lingua, técnicas e mecanismos de redacción dun texto. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que desenvolverá o alumnado. |