Traballos tutelados |
O alumno renderá contas do seu grao de realización das lecturas a través das listaxes de dúbidas que deberá entregar por escrito para seren resoltas nas titorías (en grupo e/ou individuais), e mais por todo o resto de actividades, que deberá resolver sempre co apoio das lecturas. |
30 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
A preparación dos exercicios na casa, así como as intervencións na clase para colaborar na súa discusión e resolución, serán axeitadamente valoradas. |
10 |
Debates |
Propoñeranse tres ou catro lecturas ad hoc nas que basear outras tantas sesións de debate. Previamente, cada alumno deberá enviarlle ó profesor unha batería de preguntas suscitadas pola lectura, preguntas que serán lanzadas no debate. |
15 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Realizaranse dúas probas escritas nas que o alumno ha de amosar uns coñecementos abondos sobre a materia, así coma un grao aceptable de comprensión das lecturas obrigatorias. |
20 |
O alumno que decida non seguir a avaliación continua, ou que incumpra as condicións esixidas pola mesma, examinarase do conxunto da materia no exame final oficial. A materia de exame inclúe todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos.
Aqueles que na convocatoria de xuño non aprobaren a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial. |