Traballos tutelados |
Realización das lecturas obrigatorias (incluíndo a elaboración das dúbidas sobre as mesmas, etc.) para cada un dos temas ou subtemas. Realización dos exercicios que han ser resoltos en clase. Orientación do pequeno traballo de investigación de curso.
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Os exercicios e problemas han ser preparados polo alumno previamente á súa resolución e comentario na clase. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Esta materia propicia o estudo de casos concretos -fornecidos polo profesor ou polos alumnos- e extraídos da fala cotiá, dos discursos mediáticos, da publicidade, dos discursos políticos, etc. |
Debates |
Programaranse tres ou catro sesións de debate sobre lecturas breves ad hoc. Cada alumno deberá enviarlle ó profesor (antes do debate) unha batería de cuestións suscitadas pola lectura. Ditas cuestións serán tratadas abertamente no debate. |