Código |
Descrición |
A3 |
Abarcar os fundamentos teóricos e aplicados que ofrecen os diferentes paradigmas lingüísticos, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas española, galega e lusófona nos seus distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos |
A4 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüística e literario |
A5 |
Dispoñer dos coñecementos necesarios para a comprensión, análise, desenvolvemento, avaliación e aproveitamento dos recursos lingüísticos e literarios para o futuro profesional |
A6 |
Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. |
A10 |
Ser capaces de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar o medio propio na apreciación da diversidade intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
A12 |
Posuír unha conciencia crítica ante mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos dunha área de estudo que parte da base da educación secundaria, que se adoita atopar nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |