Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación oral e escrita: Español II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Os alumnos e as alumnas renderán contas das propostas de traballos tutelados propostos polo docente. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios A preparación dos exercicios así como as intervencións na aula para participar na súa discusión e resolución serán axeitadamente valoradas. 10
Presentacións/exposicións Os alumnos e as alumnas defenderán de forma oral actividades, problemas, exercicios, traballos ou proxectos preparados de xeito individual ou en grupo.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame que conterá preguntas de carácter teórico e práctico sobre os contidos do curso.

40
Traballos e proxectos Os alumnos e as alumnas escollerán unha cuestión de análise ou estudo para realizar un traballo ao longo do curso. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, os alumnos e as alumnas deberán optar por unha forma de avaliación: continua (asistencia regular, traballos de aula, proxecto, etc.) ou única (exame oficial da materia fixado pola Facultade).

É obrigatorio asistir ao 80% das aulas presenciais.

En todas as actividades de avaliación hai que acadar a metade da cualificación.

A segunda convocatoria consistirá nun único exame cuxa data fixará oficialmente a Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000