Actividades introdutorias |
Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos , etc.
|
Sesión maxistral |
Haberá entre 12 e 16 sesións maxistrais, e outras tantas prácticas, vinculadas ao desenvolvemento teórico do programa. Nelas darase unha visión de conxunto da tradición literaria galega ao longo do séc. XX. Centraranse en 12 grandes núcleos:
1. 1900-1936: A poesía.
2. 1900-1936: A narrativa.
3. 1900-1936: O teatro.
4. 1900-1936: O ensaio.
5. 1936-1975: A poesía.
6. 1936-1975: A narrativa.
7. 1936-1975: O teatro.
8. 1936-1975: O ensaio.
9. 1975-2010: A poesía.
10. 1975-2010: A narrativa.
11. 1975-2010: O teatro.
12. 1975-2010: O ensaio.
|
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Unha parte importante da actividade do alumnaso consistirá na súa asistencia a conferencias, recitais, mesa redondas, proxeccións de filmes, seminarios específicos sobre temas literarios, representacións teatrais, etc. dos que deberá realizar un breve resumo por escrito para ser entregado ao profesor.
Todas e cada unha destas actividades serán sinaladas polo docente.
|
Obradoiros |
Haberá un mínimo de 13 sesións de comentario de texto, cada unha de dúas horas de duración, correspondentes ás seguintes obras:
1. A poesía de Antonio Noriega Varela. Selección de poemas de Do Ermo.
2. A poesía de Ramón Cabanillas. Selección de poemas e Na Noite Estrelecida.
3. A narrativa de Ramón Otero Pedrayo. Comentario de relatos curtos.
4. A narrativa de Vicente Risco. Comentario de O porco de pé.
5. A obra narrativa de Castelao. Comentario de Retrincos.
6. A poesía de Manuel Antonio. Comentario de De Catro a Catro.
7. A obra literaria de Álvaro Cunqueiro. Comentario dun conto e dun poema.
8. A obra literaria de Eduardo Blanco Amor. Comentario dun conto ou capítulo de novela.
9. Celso Emilio Ferreiro. Comentario de poema de Longa Noite de Pedra. Visionado da película María Mariño, a flor das raparigas en sombra.
10. A obra de Xosé Luís Méndez Ferrín. Comentario dun conto e dun poema.
11. A Nova Narrativa Galega. Comentario dun conto ou capítulo de novela. Visionado da película Cólera.
12. A poesía dos 80. Comentario de varios poemas.
13. A narrativa desde 1975. Comentario dun conto de Manuel Rivas. Visionado da película Luces da cidade.
|