Guia docente 2011_12
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica das relacións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos Os alumnos deberán entregar por escrito e dentro do prazo que se estableza un proxecto grupal sobre un tema que se determinará durante as sesións docentes. Dedicaranse diversas sesións prácticas á presentación, seguemento e exposición oral deste proxecto. 30
Probas de tipo test Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas, que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.

Valorarase o nivel de comprensión dos conceptos esenciais das materia e o grao de profundidade dos coñecementos do alumno.
40%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Trátase dunha proba que constará dunha única pregunta de reflexión, na que o alumno deberá dar conta dos seus coñecementos sobre unha lectura obrigatoria da materia.
Esta proba desenvolverase conxuntamente coa proba tipo test na data fixada oficialmente para a realización do exame.
5
Observación sistemática Co obxecto de incentivar o traballo regular e continuo do alumno no desenvolvemento da materia, valorarase, mediante unha observación cuantificada, a asistencia e participación activa nas sesións prácticas e seminarios (que inclúen obradoiros, resolución de exercicios, estudos de caso, presentación, seguemento e exposición de proxectos…).
A puntuación total deste epígrafe (2,5 puntos) dividirase entre o número de sesións efectivas que se desenvolvan. Criterios para a adquisición de puntuación neste epígrafe:

- O alumno obterá a puntuación máxima para cada sesión cando asista a ésta de forma completa e con aproveitamento.
- Cando o alumno asista a unha sesión de forma incompleta (por chegar tarde ou abandonala antes de tempo) ou, a criterio do docente, non a aproveite suficientemente, obterá só unha parte da puntuación correspondente a dita sesión.
- Cando un alumno non asista a unha ou varias destas sesións por causa xustificada e comprobable, terá opción de recuperar a puntuación correspondente mediante a presentación dun exercicio compensatorio. Cada un destes exercicios proporase na plataforma FAITIC unha vez que a sesión finalice en tódolos grupos e darase unha semana de prazo para a súa resolución e entrega a través do procedemento indicado polo docente (xeralmente a través da propia plataforma FAITIC). Non se admitirá ningún exercicio compensatorio entregado fóra de prazo. A xustificación das ausencias deberá vir determinada por un certificado laboral, un parte médico ou outro documento acreditativo pertinente cuxa admisión dependerá do docente. Tales documentos terán que ser entregados ao docente previamente á falta, no caso que sexa posible, ou na clase inmediatamente posterior. Non se admitirán xustificantes entregados despois dunha semana da falta (salvo casos de períodos non lectivos) ou unha semana despois da incorporación do alumno no caso dunha baixa médica. Aconséllase a tódolos alumnos que non vaian poder asistir a un elevado número de sesións que contacten co docente para expoñer o seu caso nos primeiros días do curso.
- Cando un alumno teña faltas de asistencia non xustificadas, terá a opción de recuperar a primeira delas mediante o exercicio compensatorio correspondente. No resto dos casos, perderá a puntuación da sesión.
- Cando un alumno entregue en prazo un exercicio compensatorio recuperará na súa totalidade ou só en parte a puntuación correspondente á sesión perdida, en función da calidade do exercicio entregado.
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para aprobar a materia o alumno deberá cumprir os dous requisitos que se mencionan a continuación:



-         
Otber un mínimo
de 1,5 puntos sobre 4 na proba
tipo test
.



-         
Obter unha puntuación mínima total de 5 puntos.



Non poderá
superar a materia ningún alumno que incumpla algún dos dous requisitos
mencionados.



No caso de
alumnos que non obteñan o mínimo esixido na proba tipo test, a materia estará
suspensa aínda que a puntuación total sexa maior a 5. Nese caso, a puntuación
que aparecerá na acta da primeira edición (primera oportunidade) da materia
será a suma da puntuación das dúas probas (tipo test e desenvolvemento) prorrateada
sobre 10 e ignorarase, a efectos de cualificación na acta, o resultado do
proxeto grupal e da observación cuantificada.



Ex. O alumno
obtén unha puntuación de 1.3 na proba tipo test (inferior ó mínimo esixido) e
0.5 na proba de desenvolvemento. A nota conxunta das
dúas probas é de 1.8 sobre 4.5, o cal, prorrateado sobre 10 da unha puntuación
final de 4 (1.8x10/4,5 = 4). Ésa será a nota que aparecerá na acta.



As dúas probas (tipo test e desenvolvemento)
desenvolveranse de forma conxunta e enténdense a efectos de convocatoria como un
único exame que se celebrará na data sinalada polo centro. No caso de que o
alumno non se presente ao citado exame, independentemente da nota que obteña
nos outros apartados, a cualificación que aparecerá na acta da primeira edición
será non presentado.




RECUPERACIÓN DA
MATERIA (2ª EDICIÓN)
 

Os alumnos que
non se presenten ao exame da primeira edición ou non superen a materia,
terán a opción de facelo na edición de recuperación (xullo), tendo en conta as
seguintes cuestións:

 - Os alumnos
que se presentaron ao exame na primeira edición e obtiveron unha
puntuación mínima de 1.5 puntos sobre 4 na proba tipo test poderán
conservar a nota total do exame (test + desenvolvemento) se o desexan. Os
alumnos que non obtiveron esa puntuación mínima, os que non se presentaron ao
exame e os que, aínda acadando o mínimo esixido, desexen ter a opción de
incrementar a nota neste apartado por teren a materia suspensa, terán que facer
o exame de recuperación que se realizará no mes de xullo, novamente cunha proba
tipo test e unha proba de desenvolvemento valoradas coas mesmas porcentaxes que
na primeira edición. No caso de o alumno se presente ao
exame nas dúas edicións, a cualificación que se terá en conta será a segunda,
independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira edición. 

- O alumno tamén poderá conservar, se o desexa, a
nota do traballo grupal. Os alumnos que non presentaron o proxecto
grupal, así como os que desexen ter a opción de incrementar a nota neste
apartado por teren a materia suspensa, poderán presentar outro traballo
alternativo de semellantes características e similar valor. A temática deste
traballo, que neste caso se desenvolverá só de xeito individual, será
proposta polo docente no momento de facer públicas as cualificacións da primeira
edición. O traballo deberá ser entregado, como moi tarde, o día da celebración
da proba de recuperación. No caso de o alumno presente traballos nas dúas
edicións, a cualificación que se terá en conta será a segunda,
independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira.

- En canto á
cualificación obtida no apartado de observación cuantitativa, esta puntuación
entenderase como un único bloque. O alumno poderá,
se o desexa, conservar a nota obtida neste bloque. Os alumnos que desexen ter a
opción de incrementar a nota neste apartado por teren a materia suspensa,
poderán realizar unha serie de actividades alternativas propostas polo docente
no momento de facer públicas as cualificacións da primeira edición e que
deberán ser entregadas o día da celebración da proba de recuperación. No caso
de o alumno obteña puntuación neste bloque nas dúas edicións, a cualificación
que se terá en conta será a segunda, 
independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira. 

Se o alumno non supera a
materia  na segunda
edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea
vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das
cualificacións obtidas no presente curso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000