Comunicación: Historia da propaganda e a publicidade
Código
P04G190V01204
Titulación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
FB
1
2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Comunicación audiovisual e publicidade
Coordinador/a
Pena Rodriguez, Alberto
Correo-e
alberto@uvigo.es
Profesorado
Pena Rodriguez, Alberto
Web
Descrición xeral
A materia Historia da Propaganda e da Publicidade pretende ofrecer unha visión da historia destas dúas disciplinas, con especial atención ás técnicas que se empregaron en cada etapa e aco contexto no que se utilizaban. Trátase, en definitiva, de facilitar ás alumnas e alumnos referentes claros da evolución da propaganda e a publicidade, como recursos de coñecemento para as súas tarefas como profesionais destas áreas.
Neste primeiro curso os alumnos tamén reciben formación en historia, economía, socioloxía ou lingua, que son imprescindibles para a comprensión do fenómeno publicitario e propagandístico, xunto coas nocións sobre comunicación, xornalismo e imaxe. Nesta contexto, Historia da Propaganda e da Publicidade supón unha materia esencial como alicerce para a formación dun profesional da comunicación, que debe combinar unha consistente base teórica coas súas aplicacións prácticas