Guia docente 2011_12
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Lingua: Linguaxe publicitaria en español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións No tema 5 os alumnos terán que facer unha exposición oral que se centrará na análise lingüística dunha campaña publicitaria. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. No tema 2 traballarase sobre a correscta estructura e redacción de textos en español. Os alumnos terán que analizar diferentes mostras de lingua para avaliar a súa corrección. 10
Estudo de casos/análise de situacións Nos temas 3 e 4 os alumnos deberán facer un estudo de caso de diferentes anuncios publicitarios, centrando a súa atención tanto na análise dos dos rasgos lingüísticos, coma na análise de recursos pragmáticos e retóricos da mensaxe publicitaria. 60 (30 + 30)
Traballos e proxectos No tema 1 os alumnos deberán facer un resumo dunha lectura introductoria proposta pola profesora. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. Para poder seguir esta avaliación o alumno deberá asistir ao 80% das horas de clase. A asistencia é un requisito para seguir a avalización continua, pero non será puntuada na nota global.


Para superar a materia os alumnos teñen que realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, traballos tutelados, expoisicións orais). A entrega de prácticas ou exercicos propostos terá que realizarse na data establecida polo profesor. Fóra dese prazo non serán admitidos. A nota final será a suma de todas as calificacións obtidas nas diferentes probas.


Os alumnos terán que realizar unha proba por tema, tal e como se describe en liñas anteriores.


 


2ª Edición de actas


O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua poderá realizar un único exame na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000