O propósito desta materia é adquirir as ferramentas lingüísticas que nos capaciten para:
(a) examinar as nosas emocións ante o medio de xeito que poidamos adoptar posicións sensibles e intelixentes con relación ó mundo e ás linguas,
(b) favorecer a expresión do pensamento crítico, independente, orixinal e tolerante, e
(c) desenvolver a racionalidade e a creatividade que nos son innatas a través do dominio da lingua.